Os venres, a partires das 17:00, na Tarde da Radio Galega

9 de novembro do 2012

In Uncategorized on Novembro 14, 2012 at 6:09 pm

O outro día fun ver a última película de James Bond. Poderiamos estar falando un bo rato deste Bond crepuscular que dirixe Sam Mendes. Un Bond con barba duns días, alcohólico perdido, un Bond que parece máis un axente do CNI nunha peli de Enrique Urbizu ca un refinado membro do MI6. Porén eu son moi fan do Bond de Daniel Craig e permítanme que use este icono reinventado e imperecedoiro para adaptalo á nosa tradición popular.

Porque Bond é puramente británico, é máis inglés cós ombreiros queimados na Costa Brava, e gustaríame, como simple exercicio, dotarlle de certa galeguidade. ¿Cómo sería un James Bond galego?. Para empezar tería que chamarse Xaime. Bond podemos traducilo como vínculo ou obriga. A mín Xaime Obriga sóame ben.

O Bond galego non pode estar ao servizo da súa maxestade británica. Temos que pensar nunha raiña, nunha reinona galega. Vénseme a cabeza, non sei, Josemi Rodríguez-Sieiro. O máis parecido que temos á nobreza aquí en Galicia. Estar ao servizo de Rodríguez-Sieiro garante ademáis asistir a unha morea de cócteles, un clásico de Bond.

¿Chicas Bond? No Luár temos a patadas. Aínda que eu deixaría a Beatriz Manjón coma unha especie de Monny Penny inalcanzable. O dos malos é máis complexo, Carmelo Matalobos parece pouca cousa para un James Bonda galego. Necesitamos imperios. Cando penso en Goldfiner, un tipo de constitución forte, como moi de andar por casa e con moitos cartos, vénseme á cabeza Amancio Ortega. Un reverso tenebroso de Amancio sería o malo galego perfecto para un James Bond galego.

Un Citroen en vez dun Aston Martin ou o licor café en vez do martini. Poden seguir vostedes creando vínculos. Skyfall chámase a última peli de Bond. Skyfall. O ceo cae ou algo así. Aquí estes días chove tanto, que tamen parece que vai caer o ceo.

2 de novembro do 2012

In Uncategorized on Novembro 14, 2012 at 6:08 pm

Disney mercou a miña infancia. Xa tiñan por mérito propio ao Rey León, logo tiveron a Pixar que tamén foi xusto, pero e que logo xa mercaron aos teleñecos e ata os superheroes da Marvel. E agora adquiren Lucasfilm. Disney parece o imperio escuro. 4 billóns de dólares pagáronlle a George Lucas para que amplie o seu rancho Skywalker. Teñen os dereitos de Han Solo, teñen os dereitos de Indiana Jones. Disney prácticamente mercou a Harrison Ford.

Non son parvos, todos sabemos os cartos que dan os dereitos de explotación de Star Wars. Nesta industria do entretemento tan orixinal e renovada, un producto de éxito exprímese ata o punto de que non dubido de que nalgures ahí preservativos con forma de espada láser. Videoxogos, monecos, perfumes, seguir có filón do universo dos jedis parece unha boa idea. Aínda así, eu fantaseo con que Disney non sexa tan obvia. Que non sexa Star Wars ou Indiana Jones o que lle chama realmente a atención. Non. Que a multinacional de Mickey Mouse estea interesada en Lucasfilm para poder seguir explotando American Graffiti, aquela especie de Grease menos hortera e sen cancións que dirixiu Lucas no 73.

Imaxinade. Gástanse 4 billóns con “b” de rico e logo non explotan o evidente, Indiana Jones e Star Wars, senón que adícanse a facer remakes de American Graffiti, a vender monequiños dos protas. Que os altos cargos que rixen Disney, os que firman os acordos, fosen moi fans de Star Trek e que agora intenten afundir Star Wars. Que vaian a tope con American Graffiti e que os novos episodios da saga de Star Wars veñan protagonizados por un tipo con tupé que baila rockanroll, con Goofy facendo de Chewacca e o Doutor Morte, o malo dos 4 fantásticos, como unha especie de Novo Darth Vader. Que Disney faga unha especie de batidora suicida na que mesturen toda a nosa infancia. Un proxecto moi tolo, megalomaníaco.

Son consciente de que é un imposible, cos de Disney non son parvos e ningúen que chega lonxe na vida pode ser fan de Star Trek, pero a verdade é que sería, e non o poden negar, tremendamente divertido.

26 de outubro do 2012

In Uncategorized on Novembro 14, 2012 at 6:07 pm

Cando eu era un adolescente adoitaba colaborar cun banco de alimentos. Entre outras cousas botaba unha man nunhas desas campañas do Nadal que pretenden colectar comida ás saídas dos supermercados. Básicamente preguntábamoslle á xente se, de paso que entraba a facela súa compra, poderían aportar algún outro alimento imperecedeiro ao banco. Arroz, legumes, algunha conserva.

Eu era e son un tipo nervioso e miope e na miña primeira aproximación a un potencial cliente pedínlle alimentos a un mendigo que pasaba por alí e que supoño que tiña en mente perdime a min o mesmo, algo para botarse á boca.

Lembro aquel instante ridículo e pouco misericordioso cando vexo co Príncipe Felipe tendeulle a man a unha muller que pedía esmola. E de supoñer que o noso Príncipe ten un tic, que tantos anos facendo o mesmo converteron o seu brazo nunha especie de brazo mecánico articulado ou de péndulo. Xa sei que non son bos símiles pero enténdese.

O que quero decir e que ese brazo real é o punto débil do príncipe do mesmo xeito que eu teño a miña miopía. É un brazo automático, independente. Mariló Montero diría de el que é un brazo, unha articulación, con alma propia.