Os venres, a partires das 17:00, na Tarde da Radio Galega

19 de outubro do 2012

In Uncategorized on Novembro 14, 2012 at 6:07 pm

Finou Sylvia Kristel, a actriz que lle puxo pouca carne e moito erostismo á personaxe de Emmanuelle. Lembro que vira a peli nun ciclo de cine erótico que botaban de madrugada en Antena 3. E o caso é que eu escapaba pola noite da cama ou programaba o video aproveitando que era o único na casa que sabía facelo, para poder ver así a mítica escena do avión ou aquel sillón de mimbre que deberían vender en IKEA. Aquelas escapadas nocturnas eran o máis parecido que tiña eu, nunha versión reducida e en pixama, a cruzar a fronteira a Perpiñán.

Cánto encanto había naqueles viaxes a Perpiñan. Xa fose cruzando a fronteira o levantándose a programar o video. Non como agora con internet, que está todo a un click, sen gracia, sen ese come come de curiosidade. Daslle a un botón e xa podes ter tódola pornografía que che quepa nos ollos. Iso non é un viaxe a Perpiñán nin é nada, nin pasas os Ancares. Onde está a gracia. Agora que tanto se está a falar da educación dos nosos rapaces, eu non quero polemizar pero dende logo a imaxinación e a iniciativa estánse a atrofiar. A pornografía de fácil acceso está facendo menos competentes aos nosos mozos. Non pode ser que o motor que guía os impulsos dos adolescentes obteña o seu combustible sen o mínimo esforzo. Quitádelle a ese quinceañeiro internet, que teña que buscar alternativas, ser creativo, imaxinarse as cousas por unha vez, e o día de mañá será alguén máis espabilado.

Nese sentido, Sylvia Kristel, Emmanuelle, podo eu asegurar, que foi sempre e será unha estupenda profesora.

Deixar un comentario